Volver á discografía
Portada · A Xente non Cambia!

Son Ceibe · 2026

A Xente non Cambia!

A evolución do proxecto: máis fusión, máis forza e as mesmas raíces de sempre.

10 cancións · Letras e música: Camilo Rodríguez

Spotify

A Xente non Cambia!

Ver cancións e letras
WhatsApp

A Xente non Cambia!

Cancións e letras

Abre cada canción para ler a letra e descargar o seu PDF.

  1. 01

    Amor dun día

    Son Ceibe

    Estrofas e retrouso G–D / Em–C

    Estrofa 1

    G D

    Era unha noite de inverno,

    Em C

    nunha cidade de pedra,

    G D

    pois as rúas xa pedían

    Em C

    algo de licor nas veas.

    G D

    Fun andando cos amigos,

    Em C

    con moitas gañas de festa,

    G D

    pois por fin xa rematamos,

    Em C

    aquelo que menos presta!

    G D

    Esas noites non se esquecen,

    Em C

    eras libre como as serpes,

    G D

    pois na cabeza non tiñas,

    Em C

    nin horarios nin deberes.

    Estrofa 2

    G D

    Camiñando pola rúa,

    Em C

    á luz das farolas vellas,

    G D

    pedras molladas brillando,

    Em C

    era noite de lua chea!

    Retrouso

    G D

    Foi un bico de xeo e lume ,

    Em C

    coma o vento que chegou,

    G D

    xa era tarde aquela noite,

    Em C

    e marchaches xa co sol.

    G D

    Amor de inverno dun día,

    Em C

    sen promesas sen razón,

    G D

    máis quedaron para sempre,

    Em C

    pegadas no corazón!

    Estrofa 3

    G D

    Fomos sombra e fomos lúa,

    Em C

    antes de votar a andar,

    G D

    o que foi da súa vida,

    Em C

    iso non sabrei xamáis!

    G D

    Os amigos xa marchaban,

    Em C

    cada quen para o seu lar,

    G D

    máis eu tiña a derradeira,

    Em C

    copa por se rematar!

    G D

    E naquel Sitio nos vimos,

    Em C

    eran cousas do azar,

    G D

    quen podía imaxinarse,

    Em C

    que un bico nos imos dar!

    Retrouso

    G D

    Agardo que o vento leve

    Em C

    os teus soños ata o mar,

    G D

    e que por fin atoparas

    Em C

    un amor que dure máis!

    G D

    Nunca souben do teu nome,

    Em C

    nin tampouco onde vas,

    G D

    mais desexo que na vida

    Em C

    sexas libre coma o mar!

    Retrouso final

    G D

    Foi un bico de xeo e lume,

    Em C

    coma o vento que chegou.

    G D

    Xa era tarde aquela noite,

    Em C

    e marchaches xa co sol.

    G D

    Amor de inverno dun día,

    Em C

    sen promesas, sen razón.

    G D

    Máis quedaron para sempre

    Em C

    pegadas no corazón.

    (pegadas no corazón) (pegadas no corazón)

  2. 02

    Cousas do Demo

    Son Ceibe

    Intro G – D – Em – C / G – D – C – D

    Estrofas e retrouso G – D – Em – C–D | Peche Em – C – G – D

    Intro

    | G | D | Em | C |

    | G | D | C | D |

    Estrofa 1

    G

    E que pasaría aquél día,

    D

    que ata o Demo me dicía,

    Em

    hoxe é mellor que non saias,

    C D

    deixa a troula pra outro día!

    G

    Algo pasaba no corpo,

    D

    que ata a sangue percorría,

    Em

    sitios polos que non anda,

    C D

    quen sabía quen sabía!

    G

    Xunteime xa cos amigos,

    D

    era tarde, noite fría,

    Em

    cousas malas que aprendías,

    C D

    tamén boas iso é vida!

    Retrouso

    G

    E o Demo, vendo tal vida,

    D

    moito, moito nos sorría,

    Em

    mentres nós cos seus cantares,

    C D

    esa esmorga acontecía!

    Estrofa 2

    G

    Inda o Demo non sabía,

    D

    moi ben porque alí sorrían,

    Em

    mais na Rúa do Sol agarda,

    C D

    o viño, a caña e a alegría!

    G

    Uns chegaban xa ben antes,

    D

    outros tarde pra cantina,

    Em

    máis aquí ninguén agarda,

    C D

    iso non cambia na vida!

    G

    Mentres tanto alá na barra,

    D

    Óvalo que se chamaba,

    Em

    entre futbolíns e risas,

    C D

    a corbata vai manchada!

    Estrofa 3

    G

    Pouco importaba esa mancha,

    D

    Rúa do Sol nos agardaba,

    Em

    e con semellante tropa,

    C D

    a noite non remataba!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Peche

    Em

    E xa case sen durmir,

    C

    e o sol petando na fiestra,

    G

    lembranzas da Noitevella,

    D

    aínda perduran na testa!

    Em

    Pois na praia de San Xurxo,

    C

    a pachanga non faltaba,

    G

    nin o Demo o pode crer,

    D

    resaca mellor non ter!

    Em

    Non te esquezas daquel día,

    C

    non o volvas a intentar!

    G

    Pois co Demo ese día,

    D

    aprendemos a xogar!

    Retrouso final

    Repite o retrouso completo.

  3. 03

    Cuncas de Lume

    Son Ceibe

    Intro Am – G – F – E

    Estrofas Am–G / F–E | Pre-retrouso F–G / Am–E

    Retrouso Am–G / F–G / Am–G / F–E

    Intro

    Am - G - F - E (x2)

    Uh-oh…

    Am

    non hai volta atrás esta noite…

    Estrofa 1

    Am G

    Baixa o sol coma un puño no val,

    F E

    cheira a fume, queimada que vai,

    Am G

    uns falaban dun conxuro tal,

    F E

    que afastaba o mal daquel lugar!

    Am G

    Xente rota por dentro e por fóra,

    F E

    algúns fuxen da súa propia memoria,

    Am G

    outros coseron medo coa risa,

    F E

    e hai quen perde así toda a súa vida!

    Pre-retrouso

    F G

    E cando nos cae a noite sen pedir perdón,

    Am E

    arde na memoria preto, historias no corazón!

    Retrouso

    Am G

    ¡Berran forte ao seu carón!

    F G

    ¡co poder deste licor!

    Am G

    tan quente que fai o lume

    F E

    mouchos, coruxas non son!

    Am G

    E coas cuncas cheas de lume,

    F G

    faise a nosa tradición,

    Am G

    pois ó brindar nesas cuncas,

    F E

    meigas afastadas son!

    Am G

    meigas afastadas son!

    Estrofa 2

    Am G

    Pois logo da sardiñada, pra facer a dixestión,

    F E

    que nunca falte a queimada, nas cuncas da tradición!

    Am G

    Risas que baten axiña, ¡coma o bater dun tambor!

    F E

    pois naquela noite todos, liberamos nosa dor!

    Pre-retrouso

    Repite o pre-retrouso.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 3

    Am G

    E berran forte todos eles, coma un só feitizo ardendo,

    F E

    cada quen coa súa gorxa... e o mal vaise desfacendo!

    Am G

    As lapas saltan no pote, todos salvados xa están!

    F E

    Porque coas cuncas de lume rompe ese medo ancestral!

    F G

    As cuncas cheas de lume… hoxe hai festa ata rachar!

    Estrofa 4

    Am G

    E entre o fume vense ás veces, moitas verdades brillar,

    F E

    amores perdidos que aínda, hai quen pensa que han voltar.

    Am G

    Máis naquel intre atopamos, que a queimada leva xa,

    F E

    máis azucre do debido, ¡bótalle un chisco máis!

    F G

    pero ninguén quere mirar cara atrás,

    Am E

    porque esta noite… só hai que queimar.

    Retrouso final

    Repite o retrouso completo.

  4. 04

    Marcos da leira

    Son Ceibe

    Intro G – D7 – G – G

    Estrofa inicial G – D7 – D7 – G | Primeiro retrouso C – G – D7 – G

    Intro

    G - D7 - G - G

    Estrofa 1

    G

    Xa cho dixen o outro día,

    D7

    que non me toques os marcos,

    D7

    máis che vale facer caso,

    G

    non me toques o carallo.

    G

    Que as cousas da miña terra,

    D7

    mellor que non as souberas,

    D7

    ando co sacho na leira,

    G

    máis te vale non o esquezas.

    Retrouso 1

    C

    Non me veñas con parvadas,

    G

    que a paciencia se esgotou,

    D7

    que o que sementas na terra,

    G

    iso mesmo eu che dou!

    C

    Era voz da terra brava,

    G

    que non deixa de berrar,

    D7

    non te esquezas do pasado,

    G

    vai rañar e vai rañar.

    Estrofa 2

    D7

    Pois quen rouba un palmo a terra,

    G

    rouba a alma do lugar!

    D7

    Que non me toques os marcos,

    G

    loita obreira non querrás!

    G

    PORQUE CANDO O POBO FALA,

    D7

    NON SÓ É MURMURAR,

    D7

    QUE POR SABER TI NON SABES,

    G

    NIN PATACAS XA PRANTAR!

    G

    E polo furado da porta,

    D7

    non me volvas albiscar,

    D7

    que coa vara das das vacas,

    G

    xa te hei de escorrentar.

    Retrouso 2

    G

    E aquel día no furancho,

    D7

    dese pobo somos nós,

    D7

    por fin ti ben entendiches

    G

    que a terra fala por nós.

    G

    Pode ser que aquel día

    D7

    a cabeza che mudou,

    D7

    e que cun grolo de viño

    G

    amañamos entre os dous.

    Peche

    C

    Hai feridas nesta terra

    G

    que non queren pechar máis,

    D7

    cada pedra ten memoria.

    G

    Para cada marco un dono hai.

    Final

    G - D7 - G

  5. 05

    As mulleres da Terra

    Son Ceibe

    Intro e estrofas Am – F – C – G | Pre-retrouso F – G – Am – E7

    Retrouso C – G – Am – F | Peche F – G – Am – E7 – Am

    Intro

    Am – F – C – G (x2)

    Estrofa 1

    Am

    Nacín coa forza do vento

    F

    co sal prendida na pel,

    C

    ben cedo aprendín na vida,

    G

    ninguén manda no meu ser!

    Am

    Teño as mans feitas de pedra,

    F

    contaba aquela muller,

    C

    teño os ollos xa ben fartos,

    G

    melhor hai cousas non ver!!

    Am

    Nas cinco esquinas do mundo

    F

    vai camiñando o meu pé,

    C

    levo historias nas feridas

    G

    que a chuvia non pode ver.

    Estrofa 2

    Am

    Son mareas de lembranzas

    F

    que regresan outra vez,

    C

    son as voces que me empurran

    G

    a quedar e a pertencer.

    Am

    Ese berro que arrecende,

    F

    moi preto á beira do mar,

    C

    eran voces que aínda escoitas,

    G

    meigas eran do lugar!

    Am

    Houbo noites sen estrelas,

    F

    houbo días sen cantar,

    C

    mais elas seguían ergueitas,

    G

    non as podían parar…

    Retrouso

    C

    Poden pecharnos as portas,

    G

    poden esquecer de Nós,

    Am

    poden finxir que non somos,

    F

    mais seguimos sendo Nós,

    C

    Hai mulleres nesta terra,

    G

    na memoria e no suor,

    Am

    nas historias que nos deixan

    F

    latexando o corazón.

    Estrofa 3

    Am

    Hai pedras que gardan nomes

    F

    que o tempo quixo afogar,

    C

    tamén voces baixo a leira,

    G

    que non se deixan calar.

    Am

    Porque cando o vento soa,

    F

    fraga, souto e piñeiral,

    C

    voltan as mans silenciadas,

    G

    a falar neste lugar!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 4

    Am

    Elas agardan no porto,

    F

    dos que marchan cara ao mar,

    C

    vida dura, vida chea,

    G

    que ninguén puido dobrar.

    Am

    Aprendín da Rosalía,

    F

    que as tristuras fan cantar,

    C

    que hai pobos que nunca morren,

    G

    pois teñen o seu falar!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

  6. 06

    Latexo Peregrino

    Son Ceibe

    Intro G – D – Em – C / G – D – C – D

    Estrofas G – D – Em – C | Retrouso C – G – D – Em

    Peche Em – C – G – D / Em – C – D – G

    Intro

    | G | D | Em | C |

    | G | D | C | D |

    Estrofa 1

    G

    Un día comezas andar,

    D

    pouco a pouco es peregrino!

    Em

    Pois o camiño os teus pés,

    C

    moitas historias van ver!

    G

    Cada quen fixo o camiño,

    D

    ao seu modo ao seu andar,

    Em

    Non hai fin, só percorrido,

    C

    moito tempo compartido!

    Em

    Van camiño da lembranza,

    C

    van en busca do seu ser!

    G

    Máis o que foi no camiño,

    D

    todo aquilo non vas crer!

    Estrofa 2

    G

    Mil historias no camiño,

    D

    día e noite xuntos van,

    Em

    Son os pobres peregrinos,

    C

    sempre sen mirar atrás.

    Retrouso

    C

    ¡Ei, Santiago, xa se sente!

    G

    Canta xunta toda a xente!

    D

    Non hai meta nin destino,

    Em

    só un latexo peregrino!

    C

    ¡Ei, Santiago, xa se sente!

    G

    Canta xunta toda a xente!

    D

    Non hai meta nin destino,

    C D G

    só un latexo peregrino!

    Estrofa 3

    G

    Era un mozo peregrino,

    D

    que empezou só o camiño,

    Em

    mais logo de andar un pouco,

    C

    xa ía arrimado cos outros!

    G

    Moitas amizades fixo,

    D

    desas que se han de lembrar,

    Em

    pois xuntos faise o camiño,

    C

    xa na noite un grolo vai!

    G

    Moitas vieiras peregrino,

    D

    Compostela está a agardar,

    Em

    ti camiña peregrino,

    C

    coa túa vara pra axudar!

    Estrofa 4

    G

    Mil historias no camiño,

    D

    día e noite xuntos van,

    Em

    Son os pobres peregrinos,

    C

    sempre sen mirar atrás.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 5

    Em

    No Cebreiro sopra o vento,

    C

    en Melide hai polbo á feira,

    G

    En cada taberna tiñas,

    D

    peixe, carne ou zamburiñas!

    Em

    Hai quen camiñaba só,

    C

    hai quen roda ata o solpor,

    G

    Hai quen perdeu o seu norte,

    D

    aquí vese andar mellor.

    G

    Nas costas pesa a mochila,

    D

    mais esta paisaxe brilla,

    Em

    xa estás perto meu amigo,

    C

    din que hai viño nesta vila!

    Estrofa 6

    G

    Mil historias no camiño,

    D

    día e noite xuntos van,

    Em

    Son os pobres peregrinos,

    C

    sempre sen mirar atrás.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 7

    G

    Desde Sarria a Compostela,

    D

    desde o mundo ata a taberna,

    Em

    Cada paso conta historias,

    C

    cada noite xa é unha festa!

    G

    E cando soan as campás,

    D

    xa na praza do Obradoiro,

    Em

    ninguén chega sendo o mesmo,

    C

    leva o Camiño no peito!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Final

    | Em | C | G | D |

    | Em | C | D | G |

  7. 07

    Tatuaxes na memoria

    Son Ceibe

    Intro e estrofas Am – F – C – G | Retrouso C – G – Am – F

    Ponte F – G – Am – C / F – G – Am – E7

    Intro

    Am F C G (x2)

    Estrofa 1

    AmFCG

    Aínda lembro ese arrecendo, daquela terra mollada,

    AmFCG

    eran as primeiras choivas, en Galicia eu estaba!

    AmFCG

    Hai lembranzas que quedaron, por algún motivo foi,

    AmFCG

    nese intre que pasaron, non se esquecen con razón!

    Estrofa 2

    AmFCG

    Era orballo, chuviscada, choiva e moita treboada,

    AmFCG

    máis tarde ou cedo sempre ese sol se albiscaba!

    AmFCG

    Como os pinos que lle cantan ó vento de madrugada,

    AmFCG

    a miña alma tamén canta despois da gran treboada.

    Retrouso

    CGAmF

    Tatuaxes na memoria, que o tempo non os borrou.

    CGAmF

    sementes de nova vida que a miña alma gardou!

    CGAmF

    E se ves que chega o amor dos que prefiren quedar,

    CGAmFAm

    faino medrar no teu peito… que non se perda no mar.

    Estrofa 3

    (Suave, arpegiado)

    AmFCG

    A voz dos avós na veira, un bico ao pé do mar,

    AmFCG

    un amigo que te chama, e nunca deixou de estar.

    (Con fuerza)

    AmFCG

    Que fuxan as vellas dores, que medren as herbas novas,

    AmFCG

    que a vida cura con flores as cicatrices máis fondas.

    AmFCG

    Despois dunha treboada, a terra volve a brotar,

    AmFCG

    o vento limpa a mirada, ¡volta sempre a camiñar!

    G

    ¡volta sempre a camiñar!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 4

    AmFCG

    Cada bágoa foi un río e a nosa alma navegou,

    AmFCG

    cada sorriso é unha flor que neste peito espertou.

    AmFCG

    Como os trazos dun debuxo que pintan a realidade,

    AmFCG

    miro o mundo cos teus ollos, con orgullo e dignidade.

    Ponte

    (Marcando los golpes)

    FGAmC

    Miña terra, meu sorriso, herba verde do camiño,

    FGAmE7

    se caín, hoxe me ergo coma o brote do piñeiro.

    FGAmC

    Que a memory ten tatuaxes, pero o peito ten sementes,

    FGAmE7

    e o amor que levas dentro fainos libres e valentes.

    FGAmC

    Non hai inverno que nos cegue, nin vento que nos mude o norte,

    FGAmGFG

    somos fillos desta terra, somos ceibes, somos fortes!

    Retrouso

    ...que non se perda no mar!(x3)

    CGAmF

    Tatuaxes na memoria, que o tempo non os borrou.

    CGAmF

    sementes de nova vida que a miña alma agardou!

    CGAmF

    E se ves que chega o amor dos que prefiren quedar,

    CGAmF

    faino medrar no teu peito… que non se perda no mar!

    Peche

    AmF

    ...que non se perda no mar!

    CG

    ...que non se perda no mar!

    AmFAm

    ...que non se perda no mar!

  8. 08

    Sen pedir nada por nada!

    Son Ceibe

    Intro e estrofas G – C – D – G

    Retrouso G – C – D – G / Em – Bm – C – D

    Intro

    G - C - D - G

    G - C - D - G

    Estrofa 1

    G

    Era unha aldea pequena,

    C

    dun pobo que hei de lembrar,

    D

    nunha vella casa de pedra

    G

    moita familia a xantar.

    G

    Alí case todos os días

    C

    comían caldo a fartar,

    D

    pois a carne se curaba,

    G

    e a matanza hai que agardar!

    Estrofa 2

    G

    Os ovos ían pra feira,

    C

    feira das Somozas, vai,

    D

    cos froitos de todo o ano

    G

    que a terra sempre lles dá.

    Em

    Abaixo viven as vacas,

    Bm

    os porcos xusto ao entrar,

    C

    e subindo as escaleiras

    D

    arriba vas descansar.

    Retrouso

    G

    ¡Ai, a Panda, a miña aldea!

    C

    Onde o lume nunca para,

    D

    onde o pobo se axudaba

    G

    cun sorriso na mirada.

    Em

    Xuntos todos no camiño,

    Bm

    ¡sen pedir nada por nada!

    C

    compartindo pan e viño,

    D

    coa colleita ben gardada.

    Interludio rápido

    G - C - D - G

    Estrofa 3

    G

    Ao carón está a cociña

    C

    cunha lareira de pedra,

    D

    as ovellas polo monte,

    G

    as galiñas pola herba.

    G

    Saían todas de paseo

    C

    pola mañá tan tranquilas,

    D

    e só con darlles un berro

    G

    pra a casa volven axiña.

    Estrofa 4

    G

    E ata que un día aconteceu,

    C

    que unha das oito irmás,

    D

    foi coas vacas a lindar

    G

    e no monte deulle vida.

    Em

    E volveu co seu meniño,

    Bm

    outro máis para a familia,

    C

    coas vacas detrás,

    D

    nun feliz parto de día.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 5

    G

    Naquela feira de Somozas,

    C

    alí foron a vender,

    D

    as cousas que eles tiñan

    G

    que a terra lles deu a ben.

    G

    Era xente moi humilde

    C

    que do campo eles vivían

    D

    e cos veciños da contorna

    G

    o pouco que había compartían.

    Peche

    G - C - D - G

    Repetir hasta terminar en un golpe seco en G

  9. 09

    Os dous do bote

    Son Ceibe

    Intro e primeira estrofa G – C – D – G

    Variante de estrofa Em – C – D – G

    Intro

    G - C - D - G (x2)

    Estrofa 1

    G C

    Era un día xa esperado, no que Lugo estaba a encher,

    D G

    coa ilusión daquela esmorga que agardaba acontecer!

    G C

    Poucos cartos ían no peto, festas de non esquecer,

    D G

    desas que levas por dentro, moitas mozas iamos ver!

    Em C

    Nunha tasca da Muralla comezamos a brindar,

    D G

    e só cun primeiro brinde xa non se podía parar!

    Em C

    Viño branco, viño tinto, outra rolda para alá,

    D G

    porque cando un leva o bote faise o xefe do lugar!

    Retrouso

    G C

    ¡Máis daquela nos perdemos, que nos busquen eles xa!

    D G

    Moitos cartos nos levamos, as birras van faltar! (¡Ey!)

    G C

    Pois hoxe temos o bote, hoxe non hai que aforrar!

    D G

    Noite de viños e risas, moza convidada estás!

    Em C

    Mentres tanto os compañeiros sen parar de preguntar:

    D G

    "¿Alguén viu os dous do bote? Onde carallo estarán?"

    Estrofa 2

    G C

    E nós mortos xa coa risa, sen intención de voltar,

    D G

    porque a festa era tan boa que buscar non vou buscar!

    G C

    Son esas noites de troula, que non podes agardar,

    D G

    lúa de bailes e risas, que atopar vas atopar!

    Em C

    E os amigos de verdade, sempre se volven xuntar,

    D G

    máis do bote aquela noite, ¡non soubemos nada máis!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Ponte

    G C

    ¡Que nos busquen na cidade! Esta noite é San Froilán,

    D G

    que despois de tanta troula xa nos coñecen de máis.

    Em C

    E o raiar do Sol na pedra, amencía na muralla...

    D G

    pois logo desa batalla, ¡dese bote non quedaba!

    Retrouso final

    Repite o retrouso completo.

    Peche

    G C

    O bote quedou baleiro, pero o peito vai ben cheo,

    D G

    ¡que noites coma esta en Lugo... déixante preto do ceo!

    (Termina con un rasgueo seco y fuerte en G)

  10. 10

    Nos teus ollos...

    Son Ceibe

    Intro, estrofas e retrouso G–D / Em–C

    Ponte Am–C / G–D

    Intro

    G D Em C (x2)

    Estrofa 1

    G D

    Era unha tarde calquera

    Em C

    estaba ledo sen querer,

    G D

    camiñando pola rúa,

    Em C

    cousas que non podes crer!

    G D

    Quen sabía quen soupera

    Em C

    que alí nos íamos ver,

    G D

    cada quen fai seu camiño,

    Em C

    máis axudas non vas ter…

    G D

    Ti falabasme amodo,

    Em C

    cuns ollos que fan tremer,

    G D

    eran azuis coma o ceo,

    Em C

    eu non o podía crer…

    Retrouso

    G D

    Nos teus ollos vexo a vida,

    Em C

    que se agocha sen razón,

    G D

    eras luz entre a negrura,

    Em C

    agora so queda a dor!

    G D

    Nos teus ollos vai perdida,

    Em C

    toda a forza que quedou,

    G D

    eras alguén con futuro,

    Em C

    mais a vida che fallou.

    Interludio

    G D Em C (x1)

    Estrofa 2

    G D

    Unha moza torturada

    Em C

    polas malas decisións,

    G D

    unha vida solapada,

    Em C

    que non tiña solución…

    G D

    Máis naquel intre falamos,

    Em C

    como dous amigos que,

    G D

    xa facía moito tempo

    Em C

    que inda quedaban por ver.

    G D

    E nese preciso instante

    Em C

    comencei a comprender,

    G D

    que o tempo te leva tarde

    Em C

    as veces a ser quen es!

    Retrouso

    G D

    Nos teus ollos vexo a vida,

    Em C

    que se agocha sen razón,

    G D

    eras luz entre a negrura,

    Em C

    agora so queda a dor.

    G D

    Nos teus ollos vai perdida

    Em C

    toda a forza que quedou,

    G D

    eras alguén con futuro,

    Em C

    mais a vida che fallou.

    Ponte

    Am C

    Porque todos cometemos

    G D

    moitos erros sen saber,

    Am C

    pero hai xente que o paga

    G D

    todo xunto dunha vez!

    Am C

    Tanta amargura fixeches,

    G D

    de pronto no corazón,

    Am C

    que eu tiven que convidarte,

    G D

    pois ti levabas razón.

    Am C

    Precisabas dun amigo

    G D

    un grolo de corazón,

    Am C

    eu so puiden darte cartos

    G D

    a tua aperta mos pagou!

    Estrofa 3

    G D

    E se un día escoitas isto,

    Em C

    agardo de corazón

    G D

    que a tua vida xa cambiara,

    Em C

    que atoparas solución.

    G D

    Pois naqueles ollos brilla

    Em C

    a tristura e a emoción,

    G D

    e os consellos que nos dimos,

    Em C

    sinceros coma a razón!

    Retrouso final

    G D

    Nos teus ollos vexo a vida,

    Em C

    que se agocha sen razón,

    G D

    eras luz entre a negrura,

    Em C

    agora so queda a dor.

    G D

    Nos teus ollos vai perdida,

    Em C

    toda a forza que quedou,

    G D

    eras alguén con futuro,

    Em C

    mais a vida che fallou!

    G D

    E se algún día te levantas

    Em C

    desta fría escuridade,

    G D

    nos teus ollos vexo a vida,

    Em C

    volve a túa claridade!

Máis música de Son Ceibe