Volver á discografía
Portada · A saber o que vén

Son Ceibe · 2026

A saber o que vén

Catorce cancións para volver ás raíces, celebrar a vida e cantar o que levamos dentro. A terra, o amor, a memoria e a festa atopan a súa voz no novo disco de Son Ceibe.

14 cancións · Letras e música: Camilo Rodríguez

Spotify

A saber o que vén

Ver cancións e letras
WhatsApp

A saber o que vén

Cancións e letras

Abre cada canción para ler a letra e descargar o seu PDF.

  1. 01

    No puzle da vida

    Son Ceibe

    Estrofas G – D – Em – C

    Retrouso Em – C – G – D

    Ponte / transición Em – C – Bm – D

    Estrofa 1

    G – D – Em – C

    Buscando amores

    nun puzle roto

    quebracabezas

    dun vello e torto

    Moitos xogaron

    con aquel xogo

    outros marcharon

    co medo no corpo

    Fuximos xuntos

    daquel entorto

    máis nos valía

    vivos ou mortos

    Estrofa 2

    G – D – Em – C

    Pois hai amores

    xuntos na vida,

    que nunca se perden

    sempre nos guían!

    E se algo sentes

    aí non dubides,

    do teu camiño

    ti non desvíes!

    Retrouso

    Em – C – G – D

    E naquel puzle

    feito de tempo,

    xuntas historia,

    xuntas momentos.

    Entre o que falta

    e o que sobraba,

    era o teu peito

    o que encaixaba!

    Estrofa 3

    G – D – Em – C

    Pasaron días

    pérdense pezas

    outras atopas

    non hai certeza

    Mais se algún día

    xuntas as pezas

    dun puzle vello

    vaia sorpresa!!

    Ponte

    Em – C – Bm – D

    Quedan anacos

    do que foi vivido

    pezas que o tempo

    non leva consigo

    E cando pensabas

    que estaba perdido

    volve aquel anaco

    que encaixaba contigoooo!

    Estrofa 4

    G – D – Em – C

    Pois hai pegadas,

    mesmo pintadas,

    algunhas faltan,

    outras afogadas!

    E nese intre,

    en que algo pasaba,

    eses amores,

    sempre atopabas!!

    Non vivas lonxe,

    do albor da noite,

    ela te agarda,

    nese horizonte...

    Pois se algún día

    perdes o norte

    sempre te agarda

    un faro forte!!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Continuación

    Em – C – G – D

    Pezas faltaban,

    outras sobraban!

    moitas xuntabas

    ben namoradas!

    E cando pensas...

    que está perdido!!!

    volve aquel anaco!!!!

    que encaixaba contigoooo!

    volve aquel anaco!!!!

    que encaixaba contigoooo!

    volve aquel anaco!!!!

    que encaixaba contigoooooooooo!

  2. 02

    A miña terra chama

    Son Ceibe

    Intro, estrofas e foliada G – D – Em – C

    Pre-ret. e ponte II Am – Bm – C – D | Retrouso (G–D / Em–C) ×3

    Ponte suave (Em–Bm / C–D) ×2 | Peche D – G – D – Em – C – G

    Intro

    G - D - Em - C (x2)

    Ay-ai-ai! Ay-ai-ai!

    Estrofa 1

    G

    Saímos catro da casa,

    D

    unha mochila e ilusión,

    Em

    Galicia no retrovisor,

    C

    Londres no corazón.

    G

    Avión arriba, nubes fóra,

    D

    mans ben apertadas,

    Em

    comeza a aventura

    C

    que a familia agardaba...

    Estrofa 2

    G

    Londres é un trebón de luces,

    D

    de linguas e de cor,

    Em

    do Big Ben ao Támesis,

    C

    todo é un rumor.

    G

    Metro que vai e que vén,

    D

    nós perdidos e rindo,

    Em

    que bonito é

    C

    perderse se é contigo!

    Pre-retrouso

    Am

    Levo as vosas risas

    Bm

    gardadas no peto,

    C

    cada foto, cada paso,

    D

    cada conto feito.

    Am

    Pois o mundo é máis fermoso

    Bm

    si o vexo convosco,

    C

    sodes o meu mapa,

    D

    o meu norte e o meu todo!

    Retrouso

    G D

    E Londres brilla, si, pero a miña terra chama!

    Em C

    Brilla Londres, pero o lar é chama!

    G D

    Mil lembranzas novas que nunca se apagan,

    Em C

    mais volvemos xuntos, a Nosa Terra chama!

    G D

    Oh-oh-oh, a Nosa Terra chama!

    Em C

    Oh-oh-oh, onde o mar cantando brama!

    Estrofa 3 - Rap / rítmico

    G

    Camiñamos lado a lado, risas polo camiño,

    D

    falando da nosa vida, do destino e do cariño.

    Em

    Brindamos todos xuntos, sen présa nin apuro,

    C

    porque estes momentos non se mercan con un duro!

    Estrofa 4 - Rap / rítmico

    G

    Paseamos pola historia dun Londres descoñecido,

    D

    cada rúa era un conto, cada paso un sentido,

    Em

    Chinatown regalounos arrecendos e sabor,

    C

    alí fóisenos a tarde cos farolillos de cor!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 5 - Rap

    G

    Seis pegadas debuxando cada rúa de Londres,

    D

    cada ponte, cada praza, cada un dos seus nomes.

    Em

    Unha viaxe en familia non se pode mercar,

    C

    queda escrita na memoria... pra sempre lembrar.

    Estrofa 6 - Rap

    G

    Trouxen o meu mundo enteiro pegadiño ao meu carón,

    D

    levei pouca equipaxe, pero cheo o corazón.

    Em

    Na maleta non collían tantos soños compartidos,

    C

    vosas risas, vosa troula... quedaron sempre conmigo!

    Ponte suave

    Em Bm

    Podemos cruzar o mundo, cruzar o mar,

    C D

    pero hai un fío verde que nos vai atar.

    Em Bm

    É a morriña bonita, que non fai chorar,

    C D

    é a que che di: xa podes regresar…

    xa podes regresar…

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Foliada

    G

    A miña Terra chama, a miña Terra chama!

    D

    Volver xa á rutina, de feiras, de mariscadas.

    Em

    A miña Terra chama, a miña Terra chama!

    C

    Festas son na nosa aldea cando está a tocar a gaita!

    G

    A miña Terra chama, a miña Terra chama!

    D

    Teño sede da lareira, viño en cunca e churrascada!

    Em

    A miña Terra chama, a miña Terra chama!

    C

    Esquezamos o asfalto para sentir herba mollada!

    Ponte II

    Am - Bm - C - D

    Levo as vosas risas gardadas no peito,

    sodes o meu mapa, o meu norte e o meu credo!

    Hai viaxes que rematan cando chega o avión,

    e outras quedan para sempre gardadas no corazón.

    Retrouso final

    Repite o retrouso completo.

    Peche

    D - G - D - Em - C - G

    pero a miña Terra chama!

    (Aii-aii-aii- aiii – aiiiiii...! )

    A miña terra chama!

    A miña terra chama!

    A miña terra chama!

  3. 03

    Amores cegos

    Son Ceibe

    Estrofas A5 – D5 – A5 – E5

    Retrouso A5 – E5 – A5 – D5

    Ponte / transición E5 – A5 – D5 – E5

    Estrofa 1

    A5 – D5 – A5 – E5

    Foi fermosa aquela moZa,

    foi ben boa e mala prea,

    agarimo sempre tiñas,

    dos teus berros fuxo axiña.

    Cantando a razón levabas,

    outras veces esquivabas,

    mais sexas moza ou vella,

    meu amor no peito albergas.

    Retrouso

    A5 – E5 – A5 – D5

    Era unha moza ben nova

    cando a súa vida cambiou,

    pois dun día para outro

    mocidade alí quedou.

    Nunca lle deixou ao demo

    que o sorriso lle quitara,

    aprendeu pronto na vida

    que os amores se partillan.

    Estrofa 2

    A5 – D5 – A5 – E5

    Amor foi o dalgún día,

    amor cego nas caricias,

    pois o amor cego te lembra,

    non te esquece polas beiras.

    Amores que leva o tempo,

    outros duran un momento,

    mais sempre os amores cegos

    non se esquecen, ben me lembro!

    Estrofa 3

    A5 – D5 – A5 – E5

    Son recordos, son lembranzas,

    son sorrisos, son andanzas,

    amores cegos que tiña,

    deses que cambian a vida.

    Pois aquela moza nova,

    cando a vida lle mudou,

    atrás quedou unha nena

    e outro amor nela medrou!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Ponte

    E5 – A5 – D5 – E5

    Moitos foron os amores

    que xurdiron nesa vida,

    tamén rotos polas dores,

    agochados nos temores.

    Mais eu lembro a túa mirada,

    forte, ceibe, ben marcada,

    non te esquezas, onde esteas,

    meu amor cego o levas.

    Retrouso final

    Repite o retrouso completo.

    Final

    A5 – D5 – A5 – E5

    E da súa vida aprendín

    que non se deixou vencer,

    inda que dea mil voltas,

    sempre te volves erguer.

    E se os anos van pasando

    e nos apartan da vida,

    hai amores que son cegos...

    e non marchan mentres vivas!

    Hai amores que son cegos...

    e non marchan mentres vivas!

    Hai amores que son cegos...

    e non marchan mentres vivas!

  4. 04

    As dúas Marías

    Son Ceibe

    Estrofas G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

    Retrouso G – D – Em – Bm – C – D – G

    Ponte / transición Em – Bm – C – D

    Estrofa 1

    G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

    Dúas sombras pola rúa,

    dous silencios ao pasar.

    Compostela bate a néboa,

    e dous ollos para mirar.

    Foron Maruxa e Corália,

    camiñando man a man.

    Levan fame, levan berros,

    mais xuntas elas están.

    Estrofa 2

    G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

    Naceron nuns tempos malos,

    décadas escuras son.

    Casa de xente rebelde,

    moito iso non axudou.

    E chegou o mes de xullo,

    e ese medo alí quedou.

    Moitos lles berraban “roxas”,

    mais o seu sangue non dobrou.

    Pre-retrouso

    Em – Bm – C – D

    E Compostela calaba,

    as pedras sabían falar.

    Había portas ben pechadas

    e ollos que non queren mirar.

    Retrouso

    G – D – Em – Bm – C – D – G

    E alí van as dúas Marías

    por Compostela andar.

    As flores levan no pelo,

    mais o mundo queda atrás.

    Que ninguén borra os camiños,

    nin as pegadas ao andar,

    pois quen loita por ser Ceibe,

    non se pode silenciar!

    Despois do retrouso

    Em – Bm – C – D

    As Marías, dúas mulleres,

    dous corazóns contra o chan.

    Medo e morte percorrían,

    foi loita por respirar.

    Estrofa 3

    G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

    Pero o tempo non esquece,

    as pedras saben gardar

    as historias dos que loitan,

    as dúas xuntas, man a man.

    E un día cambiou o xeito

    no que a cidade as mirou.

    Xa non eran inimigas,

    pois a razón afincou.

    Dúas figuras na Alameda

    ben se vían ao pasar,

    vendo a xente que camiña,

    Compostela está a espertar.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Despois do retrouso

    Em – Bm – C – D

    As Marías, dúas mulleres,

    dous corazóns contra o chan.

    Medo e morte percorrían,

    foi loita por respirar.

    Final

    G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

    Agora son elas dúas,

    que nos ven ao seu pasar.

    Non lles preguntes que foron,

    pregunta por que calar.

    Maruxa e Corália foron,

    dúas sombras que hoxe están,

    mirando pra Compostela,

    na Alameda, man a man.

    Retrouso final

    Repite o retrouso completo.

  5. 05

    Desta terra foi a voz

    Son Ceibe

    Capo 3 · Soa en Mi bemol

    Estrofas C – G – C – G

    Retrouso F – C – G – C

    Ponte / transición F – C – F – G

    Estrofa 1

    C – G – C – G

    Foi meniño de Rianxo,

    foi emigrante no mar,

    viu chorar os que marchaban

    e os que quedaban sen pan.

    Quixo curar moitos corpos,

    mais non podía mirar

    as feridas dunha terra

    que ninguén quería vendar.

    Cun lapis deu voz ao pobre

    e ao mariñeiro do mar,

    pois hai silencios tan grandes

    que ata fan tremer o chan!

    E cando a noite foi longa,

    seica o botaron do lar;

    coa súa terra na maleta,

    non lla puideron quitar.

    Pre-retrouso

    F – C – F – G

    Era noite xa en Rianxo,

    cunha lúa de candil;

    volveu baixando do barco:

    a súa terra, o seu país!

    Retrouso

    F – C – G – C

    Nos debuxos daquel home

    hai un pobo por erguer;

    cada trazo fai semente,

    nosa terra a florecer!

    E se preguntades onde,

    sen seu lapis esquecer,

    el diría que ben xuntos:

    xuntos, ceibes, sen ceder!

    Estrofa 2

    C – G – C – G

    Esta terra leva tempo

    dando voltas sen chegar;

    non lle faltan os camiños,

    fáltalle botar a andar!

    Viu os tractores na estrada,

    viu aldeas feitas chan;

    mozos coma os dalgún día,

    cunha maleta na man!

    Cambiaron barcos por voos,

    a estación polo aeroporto;

    chámanlle “facer carreira”

    a emigrar por pouco ou moito!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 3

    C – G – C – G

    Moita gravata ben posta,

    moito coche oficial;

    el sacou de novo o lapis:

    ¿e agora quen vai sachar?

    Todos coñecen o rumbo,

    todos saben gobernar;

    el sacou de novo o lapis

    e púxose a debuxar!

    Ponte

    F – C – F – G

    Se hoxe vivise entre nós,

    non se había de retirar;

    tería tinta nas mans,

    mil viñetas pra pintar.

    Escribiría na rede,

    mais tamén no campo e mar,

    porque un “gústame” non chega

    se non te ergues do sofá.

    E se o medo pecha portas,

    coa retranca a traballar:

    non hai cadeado tan forte;

    pois coa risa, a enferruxar!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Continuación

    F – C – G – C

    Xuntos, ceibes…... florecer!!!

  6. 06

    A esmorga os levou

    Son Ceibe

    Capo 3

    Estrofas e ponte Em – C – G – D | Retrouso (C – G – D – Em) ×2

    Sen capo: estrofas e ponte Gm – Eb – Bb – F | Retrouso (Eb – Bb – F – Gm) ×2

    Final Em – C – G – D / G – D / C – D – Em

    Estrofa 1

    Em

    Era unha mañá calquera,

    C

    día fresco a chuviscar,

    G

    un levaba sede de viño,

    D

    outro ganas de troulear.

    Em

    Pola rúa cae choiva,

    C

    nas tabernas fai calor,

    G

    un grolo pedía outro,

    D

    e outro grolo unha canción.

    Em

    Ían mollados xa por fóra,

    C

    por dentro ardía o licor,

    G

    e entre risas prometían:

    D

    que o tempo xa se parou!

    Retrouso

    C

    Pola rúa eles levaban

    G

    a esmorga de bar en bar,

    D

    mais logo foi esa esmorga

    Em

    quen os levou sen parar!

    C

    Escolleron o camiño,

    G

    ela escolleu onde acabar.

    D

    Eran tres cando empezaron...

    Em

    moitos menos ó acabar!

    Estrofa 2

    Em

    E por esas rúas vellas,

    C

    a noite púxose a andar,

    G

    As Burgas botaban fume,

    D

    eles non querían parar.

    Em

    Unha porta, outra taberna,

    C

    unha pelexa sen máis,

    G

    cada vez queda máis lonxe

    D

    o camiño a regresar!

    Em

    E o que comezou con risas,

    C

    entre viño e mocidade,

    G

    foise enchendo de silencios,

    D

    de xenreira, escuridade.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 3

    Em

    Nun furancho entre as sombras,

    C

    unha dama viu chegar,

    G

    un deles perdeu a cabeza,

    D

    por quen non podía amar.

    Em

    Xa non cantaban tan forte,

    C

    xa custaba ata falar,

    G

    pero ningún dos tres homes

    D

    dixo: «Eu voume quedar».

    Em

    Porque hai noites que te chaman,

    C

    noites que saben mandar,

    G

    cando queres dar a volta....

    D

    xa non podes regresar!

    Ponte

    Em

    Un levaba a tormenta,

    C

    outro lume no ollar,

    G

    o terceiro seguía tras deles,

    D

    sen saber onde acabar.

    Em

    Tres sombras baixo unha choiva,

    C

    tres homes sen perdurar,

    G

    tres pasos cara a unha noite,

    D

    que era mellor non lembrar...

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 4

    Em

    E cando chegou o sol,

    C

    xa non quedaban cancións,

    G

    só a choiva polas pedras,

    D

    preguntas sen solucións!

    Em

    Un quedou contando os feitos,

    C

    outros non podían falar,

    G

    e as pedras aínda molladas,

    D

    coma se nada a pasar!

    Retrouso final

    Repite o retrouso completo.

    Final

    Em

    Tres saíron pola noite,

    C

    tres beberon sen temor,

    G

    eles levaban a esmorga,

    D

    logo a esmorga os levou!

    G

    eles levaban a esmorga,

    D

    logo a esmorga os levou!

    C

    eles levaban a esmorga,

    D Em

    logo a esmorga os levou!

  7. 07

    A saber o que vén!

    Son Ceibe

    Capo 4 · Soa en Mi bemol menor

    Estrofas Bm – G – D – A

    Retrouso Bm – G – D – A

    Estrofa 1

    Bm – G – D – A

    Era unha folla en branco,

    diante dos teus ollos aberta,

    sen saber o que che agarda,

    nin onde a vida te leva.

    Aprendemos, pouco a pouco,

    sen saber nin a lección,

    pois dos erros ben se aprende,

    non tes mellor ocasión!

    Fabricamos as nosas vidas,

    con detalle e antelación,

    mais quen sabe onde se agocha,

    a resposta e a solución?

    Retrouso

    Bm – G – D – A

    Fixa os teus ollos

    nese horizonte,

    fixa os teus soños

    nos resplandores.

    Ficar esperto,

    ficar contento,

    fica a esperanza

    no último alento!

    Estrofa 2

    Bm – G – D – A

    Hai renglóns que quedan tortos,

    manchas que non has de borrar,

    verbas que escribiu o tempo

    que non podes pronunciar!

    E se a vida muda o rumbo,

    non teñas medo de andar,

    pois tamén nas ramas rotas

    hai historias que contar!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 3

    Bm – G – D – A

    E mañá será outro soño,

    outra historia pra cantar,

    quizais veña cos acordes,

    quizais toque improvisar!

    Pois sempre cantando a vida,

    contigo da miña man,

    agarda a seguinte folla,

    folla en branco, por chegar!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Continuación

    Bm – G – D – A

    Non sabemos onde imos,

    nin sabemos que virá,

    mais temos todo o tempo

    que nos queda por gastar.

    E mentres quede vida,

    mentres quede un soño máis,

    sempre haberá unha folla

    que nos queda por encher.

  8. 08

    Fíos de amor

    Son Ceibe

    Estrofas G – D – Em – Em

    Retrouso G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

    Estrofa 1

    G – D – Em – Em

    Eran tempos todos eles

    Nos que cun fío cosías

    Un amor detrás de outro

    Poucos intres persistían

    Estrofa 2

    G – D – Em – Em

    Ben sabías, ben sabías,

    Sempre onde te metías

    Pois ás veces coa mirada

    Sen sabelo seducías!

    Estrofa 3

    G – D – Em – Em

    Noites eran, lúa chea,

    Mais estrelas non cabían

    E de pronto percatabas,

    Coma a alma transformabas!

    Estrofa 4

    G – D – Em – Em

    Non podías, non debías,

    Facer tantas tolerías,

    Foron noites de xuntanzas

    Quen puidera noutras vidas!

    Retrouso

    G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

    Fíos de amor, fíos de vida,

    fíos que veñen, fíos que van,

    fíos que un día se tecían,

    e pouco a pouco se desfán.

    Estrofa 5

    G – D – Em – Em

    Eran mozas todas Elas

    Que na Esmorga acontecían

    Pois tan só cun fío de la

    Un bico faise notar!

    Estrofa 6

    G – D – Em – Em

    Ten coidado polas noites

    Non os vaias perder

    Pois os amores de fío

    Uns intres os vas a ter!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 7

    G – D – Em – Em

    Quedan fíos de lembranzas

    Que só de Noite pasaron

    Ti contabas e contabas

    Os fíos de amor que levabas!

    Estrofa 8

    G – D – Em – Em

    Fíos de amor duns minutos

    Outros apenas segundos

    Mais a troula regresaba

    Cando menos o esperabas!

    Estrofa 9

    G – D – Em – Em

    Fíos de amor dalgún día

    Que ao ver as súas puntadas

    Nese intre xa sabías

    Que aquilo xa rematara!!!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

  9. 09

    Amor dun neno

    Son Ceibe

    Estrofas Am – F – C – C

    Retrouso Dm – F – C – C

    Ponte / transición Am – F – C

    Estrofa 1

    Am – F – C – C

    Era un neno ben cativo,

    fai pouco nin era vivo,

    nin dez anos el tería,

    mais o amor xa coñecía.

    El miraba e miraba,

    ás rapazas escoitaba.

    Sempre algunha lle molaba,

    mais a vergonza gañaba.

    Foron amores dun tempo,

    lembranzas daquel momento,

    pois na vida hai amores,

    físicos e doutras cores.

    Retrouso

    Dm – F – C – C

    Amor dun neno, de home pequeno,

    amor dun día, amores cegos,

    porque aínda hai cores que fan amores,

    outros quedaron, tal vez mellores.

    Estrofa 2

    Am – F – C – C

    Era un mozo xa ben feito,

    levaba amores por dentro,

    mais a troula inda gañaba,

    e ese amor non o atopaba.

    Amores son dos cativos,

    tamén dos tempos perdidos,

    amores que quedan soltos,

    tal vez se vaian con outros.

    Amores da miña terra,

    miña casa, miña leira,

    amores son da familia,

    eses non cambian na vida.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 3

    Am – F – C – C

    Amores que agochan as festas,

    outras veces son nas leiras,

    moitos amores quedaron,

    na vida non afincaron.

    E se un día xa estás farto

    do que foi un parvo amor,

    lembra sempre aqueles anos,

    fai só ese favor.

    Pois aquel neno cativo,

    por moito el xa pasou,

    é todo aquilo que sabe,

    da experiencia que tomou.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Final

    Am – F – C – C

    Mais non perdas o sorriso

    daquel cativo pequeno,

    pois o amor está agardando,

    e iso sábeo ata o demo!!!

  10. 10

    Me están a fartar

    Son Ceibe

    Estrofas Am – C – G – Am

    Retrouso Am – C – D – Am

    Ponte / transición C – D – F – Am

    Estrofa 1

    Am – C – G – Am

    Ficas esperto, busca o teu soño,

    Ti saes correndo, xa non tes dono,

    Mais todo aquilo que ás veces pensas,

    Ti xa vas fartoooo, busca o teu soño!!!

    Estrofa 2

    Am – C – G – Am

    Eran ditaduras de xente de mal,

    Eles só pensaban no seu benestar,

    Mais a súa xente mal o está a pasar,

    E ninguén se lembra de quen queda atrás!

    Retrouso

    Am – C – D – Am

    Mais coma galego póñome a pensar,

    Qué querés que che digaaa...!!!

    Me están a fartar!!!

    Me están a fartar!!!

    Me están a fartar!!!!

    Estrofa 3

    Am – C – G – Am

    Moitos eran homes, mulleres e nenos,

    Trataron a moitos peor ca a cadelos,

    Moitos murmuraron co medo no corpo,

    E ninguén pensando no medo dos outros.

    Estrofa 4

    Am – C – G – Am

    Século vinteún, dicían que andamos,

    Mais ás veces penso que alí nos quedamos,

    Naquelas cavernas algún aínda queda,

    Mudaron as formas, pero a merda é a mesma.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 5

    Am – C – G – Am

    Galicia foi terra de ir e voltar,

    De barcos cargados buscando outro lar,

    Hoxe son outros que veñen e van,

    Veñen coa esperanza, poder prosperar.

    Estrofa 6

    Am – C – G – Am

    Que ninguén decida quen ten que vivir,

    Que ninguén escolla o seu porvir,

    Non sei que lle pasa á nosa humanidade...

    Cada día máis fartoooo da desigualdade!!!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 7

    Am – C – G – Am

    Non quero un mundo de ricos e pobres,

    Nin portas pechadas, nin muros enormes,

    EU quero que a xente poida decidir,

    Onde medra, onde marcha... e onde quere vivir!!!!

    Retrouso final

    Am – C – D – Am

    Mais coma galego póñome a pensar,

    Qué querés que che digaaa...!!!

    Me están a fartar!!!

    Me están a fartar!!!

    Me están a fartaaaaaar!!!!

  11. 11

    Máis ti non o queres ver

    Son Ceibe

    Estrofas G – D – C – D

    Retrouso G – D – Am – C – D

    Estrofa 1

    G – D – C – D

    El era un home ben rudo,

    El era un home ben feito,

    Mais por dentro ten a loita,

    Loita e puro sentimento!

    Pois foi un home da Noite,

    Foi un home do seu tempo,

    Mellor non o amoles moito,

    Non quererás saír correndo!

    Retrouso

    G – D – Am – C – D

    Aprendemos xa ben cedo

    A cubrirnos ben por fóra,

    Cos dous puños levantados,

    Cóbados gardan as costas!

    Cada quen ten os seus demos,

    Cada quen ten que aprender,

    Que o camiño está diante,

    Mais ti non o queres ver!

    Estrofa 2

    G – D – C – D

    Cousas que pasan na vida,

    Por algún motivo foi,

    Non te esquezas do pasado,

    O presente xa pasou!

    Comeza sempre por dentro,

    Ergue forte o teu peito,

    Podes comezar de cero,

    Nun futuro que é incerto!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 3

    G – D – C – D

    Non esquezas esas verbas

    Que che dixeron un día,

    Foron verbas de amizade,

    Outras moitas da familia!

    Pois se nun furado agochas

    A túa alma, a túa vida,

    Sempre podes saír máis forte,

    Mudando a pel e a vida!

    Retrouso final

    Repite o retrouso completo.

  12. 12

    Onde o ceo bica o mar

    Son Ceibe

    Estrofas Em – G – D – Em

    Retrouso Em – G – D – C – B – Em

    Estrofa 1

    Em – G – D – Em

    E nunha Praia da aldea,

    Na que o mar sempre mandaba,

    Ten cuidado coa marea,

    Que se baixa vas con ela...

    Moita area percorría,

    Todo o chan que alí ficaba,

    Cuncas de moitos cangrexos,

    Polo Chan xa atopabas

    Retrouso

    Em – G – D – C – B – Em

    Onde o ceo bica o mar,

    Onde o ceo bica o mar,

    Alí onde o sol se agocha,

    Na beira, na beira do mar!

    Sube e baixa a marea

    Sube e baixa sen parar,

    Pois cando a lúa está ben chea,

    Preto e lonxe queda o mar!!!

    Estrofa 2

    Em – G – D – Em

    Moitas dunas perduraban

    Pois a marea non chegaba

    Por alí se albiscaban

    As parellas namoradas!

    Calas, recunchos de area,

    Xa nas rochas atopabas,

    Pois cando baixa a marea,

    Moitos ollos, que miradas!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 3

    Em – G – D – Em

    Rochas fíos coma dentes

    Outras menos afiladas

    Pois o mar as veces talla

    E a rocha faise almofada

    Contra as olas te tirabas

    Mais o mar te regresaba,

    Ten cuidado coas correntes,

    Non esquezas onde estabas!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 4

    Em – G – D – Em

    Praias valeiras de xente,

    A ben poucos atopabas

    E cando o sol adormece

    No horizonte tes a calma...

    Praias de verán e inverno,

    Sempre a calma atopabas

    Non fai falta ir a buscalas

    Pois todas están na patria!!!

  13. 13

    A catro patas!

    Son Ceibe

    Estrofas G – D – C – D

    Retrouso Em – Bm – C – D

    Ponte / transición G – Em – C – D – G

    Estrofa 1

    G – D – C – D

    As estrelas dunha noite,

    lúa crecente, asomaban.

    Ao carón da beira da rúa

    cando xa ías pra casa.

    Estrofa 2

    G – D – C – D

    Todo feito xa quedaba.

    Ben aquel día te portaras,

    ti voltabas xa pra casa,

    pois o día rematára!

    Estrofa 3

    G – D – C – D

    Mais ás túas costas soaba

    unha voz que che lembraba:

    "Aínda é cedo pra ir pra casa,

    toma unha e logo marchas."

    Retrouso

    Em – Bm – C – D

    E nesa noite aprendín

    que aínda os días non rematan,

    que aínda albergan toda a noite,

    hai que andar a catro patas.

    Noite de lume que agochan

    praceres e moita troula.

    Ten coidado, non te afogues,

    pois o día xa te escoita.

    Estrofa 4

    G – D – C – D

    Pois cando un amigo chama,

    non te quedes xa coas ganas,

    pois nun intre pasa a vida,

    é mellor ceibe vivila.

    Estrofa 5

    G – D – C – D

    En aquel día fuximos

    das penurias dos rencores,

    dos fracasos, dos amores

    que aínda están por vir mellores.

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 6

    G – D – C – D

    E brindamos sen sentido,

    xuntos todos entre amigos,

    xuntanzas sen ter motivo,

    algo queda ben vivido!

    Final

    G – D – C – D

    E se pasaches as noites

    de lume, esmorga, azar,

    mil oitocentos oitenta,

    esa noite vas lembrar.

  14. 14

    Aquí que non quede nada!

    Son Ceibe

    Estrofas Em – G – D – Em

    Retrouso Em – D – C – D

    Ponte / transición Em – C – G – D

    Estrofa 1

    Em – G – D – Em

    Nunha taberna que fomos,

    nunha bodega de viño,

    onde sempre alí poñían

    tapa e cunca de albariño!

    Non pasabas por diante

    sen cheirar o fondo aquilo,

    pois sempre o lume andaba,

    ben baixiño, ben baixiño.

    Estrofa 2

    Em – G – D – Em

    Moitos berros atopabas,

    tamén risas no camiño,

    mais alí sempre voltamos,

    cousas raras do destino!

    Moitos berros se escoitaban,

    tamén risas, coma fíos,

    mais alí sempre tornabas,

    pois querías tapa e viño!

    Retrouso

    Em – D – C – D

    Ben xantabas, ben cenabas,

    cunha morea de tapas,

    e de paso xa levabas

    chispa, esmorga ben marcada!

    Máis valía, máis valía,

    que as tapas non as deixaras,

    pois a cociñeira dixo:

    «Aquí que non quede nada!»

    Estrofa 3

    Em – G – D – Em

    E así fomos visitando,

    os furanchos de algún día,

    o viño ía correndo,

    e a min nada me doía.

    Nese intre xa pensamos:

    «Que coas tapas xa ceamos!»

    Cada brinde acontecía

    sen motivo, quen sabía!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Estrofa 4

    Em – G – D – Em

    Ben papamos, ben papamos,

    toda a tarde merendamos,

    mais cando chegou a cea,

    daquela non perdoamos.

    E xa coa mente da noite,

    fartos de churrasco e viño,

    tocoulle chupito e postre,

    non me lembro ben daquilo!!!!

    Pre-retrouso

    Em – C – G – D

    Nin me esquezo, nin me lembro,

    como non lembrar, se aquilo pasou!

    Se o amencer nos atopou,

    e algún de nós nin se enterou!

    Retrouso

    Repite o retrouso completo.

    Final

    Em – G – D – Em

    De tapas fomos,

    de tapas volvemos...

    do que pasou polo medio,

    algo lembro, algo esquezo...

    tapa e viño, tapa e viño,

    mais se alí aínda quedaba,

    mañán xa repetiremos!

    Alí que non quede nada!!!

Máis música de Son Ceibe