Singles

As últimas cancións de Son Ceibe.

Descargar cancioneiro de singles (PDF)
Portada do single Desta terra foi a voz de Son Ceibe2026

Desta terra foi a voz

Single de Son Ceibe publicado o 17 de outubro de 2026. Xa dispoñible en Spotify.

Cancións

  1. 1Desta terra foi a voz

Plataformas

Spotify

Desta terra foi a voz

Ver letra con acordes
Descargar letra con acordes (PDF)
Son Ceibe

Capo 3 · Soa en Mi bemol

Estrofas C – G – C – G

Retrouso F – C – G – C

Ponte / transición F – C – F – G

Estrofa 1

C – G – C – G

Foi meniño de Rianxo,

foi emigrante no mar,

viu chorar os que marchaban

e os que quedaban sen pan.

Quixo curar moitos corpos,

mais non podía mirar

as feridas dunha terra

que ninguén quería vendar.

Cun lapis deu voz ao pobre

e ao mariñeiro do mar,

pois hai silencios tan grandes

que ata fan tremer o chan!

E cando a noite foi longa,

seica o botaron do lar;

coa súa terra na maleta,

non lla puideron quitar.

Pre-retrouso

F – C – F – G

Era noite xa en Rianxo,

cunha lúa de candil;

volveu baixando do barco:

a súa terra, o seu país!

Retrouso

F – C – G – C

Nos debuxos daquel home

hai un pobo por erguer;

cada trazo fai semente,

nosa terra a florecer!

E se preguntades onde,

sen seu lapis esquecer,

el diría que ben xuntos:

xuntos, ceibes, sen ceder!

Estrofa 2

C – G – C – G

Esta terra leva tempo

dando voltas sen chegar;

non lle faltan os camiños,

fáltalle botar a andar!

Viu os tractores na estrada,

viu aldeas feitas chan;

mozos coma os dalgún día,

cunha maleta na man!

Cambiaron barcos por voos,

a estación polo aeroporto;

chámanlle “facer carreira”

a emigrar por pouco ou moito!

Retrouso

Repite o retrouso completo.

Estrofa 3

C – G – C – G

Moita gravata ben posta,

moito coche oficial;

el sacou de novo o lapis:

¿e agora quen vai sachar?

Todos coñecen o rumbo,

todos saben gobernar;

el sacou de novo o lapis

e púxose a debuxar!

Ponte

F – C – F – G

Se hoxe vivise entre nós,

non se había de retirar;

tería tinta nas mans,

mil viñetas pra pintar.

Escribiría na rede,

mais tamén no campo e mar,

porque un “gústame” non chega

se non te ergues do sofá.

E se o medo pecha portas,

coa retranca a traballar:

non hai cadeado tan forte;

pois coa risa, a enferruxar!

Retrouso

Repite o retrouso completo.

Continuación

F – C – G – C

Xuntos, ceibes…... florecer!!!

Portada do single No puzle da vida! de Son Ceibe2026

No puzle da vida!

Single de Son Ceibe publicado o 10 de outubro de 2026. Xa dispoñible en Spotify.

Cancións

  1. 1No puzle da vida!

Plataformas

Spotify

No puzle da vida!

Ver letra con acordes
Descargar letra con acordes (PDF)
Son Ceibe

Estrofas G – D – Em – C

Retrouso Em – C – G – D

Ponte / transición Em – C – Bm – D

Estrofa 1

G – D – Em – C

Buscando amores

nun puzle roto

quebracabezas

dun vello e torto

Moitos xogaron

con aquel xogo

outros marcharon

co medo no corpo

Fuximos xuntos

daquel entorto

máis nos valía

vivos ou mortos

Estrofa 2

G – D – Em – C

Pois hai amores

xuntos na vida,

que nunca se perden

sempre nos guían!

E se algo sentes

aí non dubides,

do teu camiño

ti non desvíes!

Retrouso

Em – C – G – D

E naquel puzle

feito de tempo,

xuntas historia,

xuntas momentos.

Entre o que falta

e o que sobraba,

era o teu peito

o que encaixaba!

Estrofa 3

G – D – Em – C

Pasaron días

pérdense pezas

outras atopas

non hai certeza

Mais se algún día

xuntas as pezas

dun puzle vello

vaia sorpresa!!

Ponte

Em – C – Bm – D

Quedan anacos

do que foi vivido

pezas que o tempo

non leva consigo

E cando pensabas

que estaba perdido

volve aquel anaco

que encaixaba contigoooo!

Estrofa 4

G – D – Em – C

Pois hai pegadas,

mesmo pintadas,

algunhas faltan,

outras afogadas!

E nese intre,

en que algo pasaba,

eses amores,

sempre atopabas!!

Non vivas lonxe,

do albor da noite,

ela te agarda,

nese horizonte...

Pois se algún día

perdes o norte

sempre te agarda

un faro forte!!

Retrouso

Repite o retrouso completo.

Continuación

Em – C – G – D

Pezas faltaban,

outras sobraban!

moitas xuntabas

ben namoradas!

E cando pensas...

que está perdido!!!

volve aquel anaco!!!!

que encaixaba contigoooo!

volve aquel anaco!!!!

que encaixaba contigoooo!

volve aquel anaco!!!!

que encaixaba contigoooooooooo!

Portada do single As dúas Marías de Son Ceibe2026

As dúas Marías

Unha homenaxe a Maruxa e Corália, as dúas Marías de Compostela: memoria, resistencia e liberdade polas rúas da cidade.

Cancións

  1. 1As dúas Marías

Plataformas

Spotify

As dúas Marías

Ver letra con acordes
Descargar letra con acordes (PDF)
Son Ceibe

Estrofas G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

Retrouso G – D – Em – Bm – C – D – G

Ponte / transición Em – Bm – C – D

Estrofa 1

G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

Dúas sombras pola rúa,

dous silencios ao pasar.

Compostela bate a néboa,

e dous ollos para mirar.

Foron Maruxa e Corália,

camiñando man a man.

Levan fame, levan berros,

mais xuntas elas están.

Estrofa 2

G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

Naceron nuns tempos malos,

décadas escuras son.

Casa de xente rebelde,

moito iso non axudou.

E chegou o mes de xullo,

e ese medo alí quedou.

Moitos lles berraban “roxas”,

mais o seu sangue non dobrou.

Pre-retrouso

Em – Bm – C – D

E Compostela calaba,

as pedras sabían falar.

Había portas ben pechadas

e ollos que non queren mirar.

Retrouso

G – D – Em – Bm – C – D – G

E alí van as dúas Marías

por Compostela andar.

As flores levan no pelo,

mais o mundo queda atrás.

Que ninguén borra os camiños,

nin as pegadas ao andar,

pois quen loita por ser Ceibe,

non se pode silenciar!

Despois do retrouso

Em – Bm – C – D

As Marías, dúas mulleres,

dous corazóns contra o chan.

Medo e morte percorrían,

foi loita por respirar.

Estrofa 3

G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

Pero o tempo non esquece,

as pedras saben gardar

as historias dos que loitan,

as dúas xuntas, man a man.

E un día cambiou o xeito

no que a cidade as mirou.

Xa non eran inimigas,

pois a razón afincou.

Dúas figuras na Alameda

ben se vían ao pasar,

vendo a xente que camiña,

Compostela está a espertar.

Retrouso

Repite o retrouso completo.

Despois do retrouso

Em – Bm – C – D

As Marías, dúas mulleres,

dous corazóns contra o chan.

Medo e morte percorrían,

foi loita por respirar.

Final

G – D – Em – Bm – C – G – Am – D

Agora son elas dúas,

que nos ven ao seu pasar.

Non lles preguntes que foron,

pregunta por que calar.

Maruxa e Corália foron,

dúas sombras que hoxe están,

mirando pra Compostela,

na Alameda, man a man.

Retrouso final

Repite o retrouso completo.

Portada do single A miña terra chama! de Son Ceibe2026

A miña terra chama!

Un canto á terra que nos chama e ás raíces que nos acompañan.

Cancións

  1. 1A miña terra chama!

Plataformas

Spotify

A miña terra chama!

Ver letra con acordes
Descargar letra con acordes (PDF)
Son Ceibe

Intro, estrofas e foliada G – D – Em – C

Pre-ret. e ponte II Am – Bm – C – D | Retrouso (G–D / Em–C) ×3

Ponte suave (Em–Bm / C–D) ×2 | Peche D – G – D – Em – C – G

Intro

G - D - Em - C (x2)

Ay-ai-ai! Ay-ai-ai!

Estrofa 1

G

Saímos catro da casa,

D

unha mochila e ilusión,

Em

Galicia no retrovisor,

C

Londres no corazón.

G

Avión arriba, nubes fóra,

D

mans ben apertadas,

Em

comeza a aventura

C

que a familia agardaba...

Estrofa 2

G

Londres é un trebón de luces,

D

de linguas e de cor,

Em

do Big Ben ao Támesis,

C

todo é un rumor.

G

Metro que vai e que vén,

D

nós perdidos e rindo,

Em

que bonito é

C

perderse se é contigo!

Pre-retrouso

Am

Levo as vosas risas

Bm

gardadas no peto,

C

cada foto, cada paso,

D

cada conto feito.

Am

Pois o mundo é máis fermoso

Bm

si o vexo convosco,

C

sodes o meu mapa,

D

o meu norte e o meu todo!

Retrouso

G D

E Londres brilla, si, pero a miña terra chama!

Em C

Brilla Londres, pero o lar é chama!

G D

Mil lembranzas novas que nunca se apagan,

Em C

mais volvemos xuntos, a Nosa Terra chama!

G D

Oh-oh-oh, a Nosa Terra chama!

Em C

Oh-oh-oh, onde o mar cantando brama!

Estrofa 3 - Rap / rítmico

G

Camiñamos lado a lado, risas polo camiño,

D

falando da nosa vida, do destino e do cariño.

Em

Brindamos todos xuntos, sen présa nin apuro,

C

porque estes momentos non se mercan con un duro!

Estrofa 4 - Rap / rítmico

G

Paseamos pola historia dun Londres descoñecido,

D

cada rúa era un conto, cada paso un sentido,

Em

Chinatown regalounos arrecendos e sabor,

C

alí fóisenos a tarde cos farolillos de cor!

Retrouso

Repite o retrouso completo.

Estrofa 5 - Rap

G

Seis pegadas debuxando cada rúa de Londres,

D

cada ponte, cada praza, cada un dos seus nomes.

Em

Unha viaxe en familia non se pode mercar,

C

queda escrita na memoria... pra sempre lembrar.

Estrofa 6 - Rap

G

Trouxen o meu mundo enteiro pegadiño ao meu carón,

D

levei pouca equipaxe, pero cheo o corazón.

Em

Na maleta non collían tantos soños compartidos,

C

vosas risas, vosa troula... quedaron sempre conmigo!

Ponte suave

Em Bm

Podemos cruzar o mundo, cruzar o mar,

C D

pero hai un fío verde que nos vai atar.

Em Bm

É a morriña bonita, que non fai chorar,

C D

é a que che di: xa podes regresar…

xa podes regresar…

Retrouso

Repite o retrouso completo.

Foliada

G

A miña Terra chama, a miña Terra chama!

D

Volver xa á rutina, de feiras, de mariscadas.

Em

A miña Terra chama, a miña Terra chama!

C

Festas son na nosa aldea cando está a tocar a gaita!

G

A miña Terra chama, a miña Terra chama!

D

Teño sede da lareira, viño en cunca e churrascada!

Em

A miña Terra chama, a miña Terra chama!

C

Esquezamos o asfalto para sentir herba mollada!

Ponte II

Am - Bm - C - D

Levo as vosas risas gardadas no peito,

sodes o meu mapa, o meu norte e o meu credo!

Hai viaxes que rematan cando chega o avión,

e outras quedan para sempre gardadas no corazón.

Retrouso final

Repite o retrouso completo.

Peche

D - G - D - Em - C - G

pero a miña Terra chama!

(Aii-aii-aii- aiii – aiiiiii...! )

A miña terra chama!

A miña terra chama!

A miña terra chama!

Portada do single Voa ceibe, ti gaivota de Son Ceibe2026

Voa ceibe, ti gaivota

Unha canción de liberdade, mar e gaivotas. A gaivota que nunca deixa de voar.

Cancións

  1. 1Voa ceibe, ti gaivota

Plataformas

Spotify

Voa ceibe, ti gaivota

Ver letra con acordes
Descargar letra con acordes (PDF)
Son Ceibe

Intro e interludio G – D – C – G

Estrofas G – C – G – D / Am – Em – C – D

Retrouso G – D – C – G–D / G – D – C – D–G

Intro

| G | D | C | G |

(Repite según la melodía del acordeón/gaita)

Estrofa 1

G

Un vello me dixo un día,

C

cada quen ten a súa forza,

G

a súa maneira de andar, o seu xeito…

D

a súa forma de voar!

G

Pois calquer gaivota sabe,

C

que ás veces mellor quedar,

G

se ruxe a treboada,

D

a choiva te vai levar!

Am

Só tes que agardar un chisco,

Em

deixas feito o teu camiño,

C

pois por onde sempre voas…

D

voltan as vellas historias!

Retrouso

G

Voa ceibe, ti Gaivota,

D

non te deixes arrastrar,

C

pois este vento da costa

G D

sempre, sempre vai voltar!

G

Pois tes o niño nas rochas

D

e alí te están a agardar

C

os teus meniños pequenos,

D G

¡cada quen ten seu fogar!

Interludio instrumental

| G | D | C | G |

Estrofa 2

G

Miña gaivota querida,

C

sempre a terra a sinalar!

G

Vai ao carón do meu bote,

D

¡non me deixes de guiar!

G

Pois sempre que limpo o peixe,

C

non me esquezo de te ollar,

G

como vas detrás do barco…

D

¡cos golfiños asaltar!

Am

E ao chegar por fin ao porto,

Em

ainda estamos a albiscar,

C

o arrecendo do teu corpo,

D

polo ceo a voar!

Retrouso

Repite o retrouso completo.

Solo / solo de acordeón y guitarra

| G | D | C | G |

| G | D | C-D | G |

Estrofa 3

G

Aprendín da túa vida,

C

sen palabras ensinar,

G

que hai ventos que non se vencen...

D

hai que saber agardar.

Am

E despois da noite escura,

Em

sempre volve clarexar,

C

igual ca branca gaivota

D

que non deixa de voar!!!

Peche

G D G

(Acorde final rasgueado)

Portada do single As mulleres da Terra de Son Ceibe2026

As mulleres da Terra

Homenaxe ás mulleres que construíron a nosa terra con suor, memoria e corazón.

Cancións

  1. 1As mulleres da Terra

Plataformas

Spotify

As mulleres da Terra

Ver letra con acordes
Descargar letra con acordes (PDF)
Son Ceibe

Intro e estrofas Am – F – C – G | Pre-retrouso F – G – Am – E7

Retrouso C – G – Am – F | Peche F – G – Am – E7 – Am

Intro

Am – F – C – G (x2)

Estrofa 1

Am

Nacín coa forza do vento

F

co sal prendida na pel,

C

ben cedo aprendín na vida,

G

ninguén manda no meu ser!

Am

Teño as mans feitas de pedra,

F

contaba aquela muller,

C

teño os ollos xa ben fartos,

G

melhor hai cousas non ver!!

Am

Nas cinco esquinas do mundo

F

vai camiñando o meu pé,

C

levo historias nas feridas

G

que a chuvia non pode ver.

Estrofa 2

Am

Son mareas de lembranzas

F

que regresan outra vez,

C

son as voces que me empurran

G

a quedar e a pertencer.

Am

Ese berro que arrecende,

F

moi preto á beira do mar,

C

eran voces que aínda escoitas,

G

meigas eran do lugar!

Am

Houbo noites sen estrelas,

F

houbo días sen cantar,

C

mais elas seguían ergueitas,

G

non as podían parar…

Retrouso

C

Poden pecharnos as portas,

G

poden esquecer de Nós,

Am

poden finxir que non somos,

F

mais seguimos sendo Nós,

C

Hai mulleres nesta terra,

G

na memoria e no suor,

Am

nas historias que nos deixan

F

latexando o corazón.

Estrofa 3

Am

Hai pedras que gardan nomes

F

que o tempo quixo afogar,

C

tamén voces baixo a leira,

G

que non se deixan calar.

Am

Porque cando o vento soa,

F

fraga, souto e piñeiral,

C

voltan as mans silenciadas,

G

a falar neste lugar!

Retrouso

Repite o retrouso completo.

Estrofa 4

Am

Elas agardan no porto,

F

dos que marchan cara ao mar,

C

vida dura, vida chea,

G

que ninguén puido dobrar.

Am

Aprendín da Rosalía,

F

que as tristuras fan cantar,

C

que hai pobos que nunca morren,

G

pois teñen o seu falar!

Retrouso

Repite o retrouso completo.