
Son Ceibe · Folk rock galego en fusión
O proxecto
A nosa terra tamén se conta en cancións.
Son Ceibe é o proxecto musical de Camilo Rodríguez, compositor das cancións. Un lugar onde a lingua galega e a música de raíz se atopan coa enerxía do rock, do folk e de moitos outros estilos musicais que van labrando o son, sempre coa liberdade de probar cousas novas.
Moitas das cancións nacen de cousas vividas; outras, de cousas sentidas. Falan dos momentos da vida que o tempo vai levando, das lembranzas que quedan e dun futuro incerto, sempre coa ilusión de agardar con alegría un novo día.
Cada disco abre un novo capítulo deste camiño. Aquí podes descubrir as cancións, ler as súas letras e achegarte ao universo de Son Ceibe, ao teu ritmo.
